You are here: Home How to Aumentar o tamaño dunha partición root
Views
Aumentar o tamaño dunha partición root copied.

Unha partición coa que sempre me quedo curto de espazo en Debian ou Ubuntu é a raíz (porque /lib colga dela, e en /lib/modules están os módulos dos últimos núcleos que teño no sistema.

Se esta partición raíz está nun LVM, pódese redimensionar. Primeiro ten que quedar espazo no disco. No meu caso non era así, pero a partición /home estaba moi baleira:

   umount /home
   e2fsck -f /dev/mapper/sistema-vm-home
   resize2fs /dev/mapper/sistema-vm-home 24G
   lvresize -L 24G /dev/sistema-vm/home
   mount /home

Agora debería quedar espazo suficiente (antes /home tiña 25GB).

   lvextend -L+1,70G /dev/sistema-vm/root
   resize2fs /dev/sistema-vm/root

Coa nova característica de redimensionado on-line existente desde o núcleo 2.6.10, con ext3, nin sequera fai falta desmontar a raíz (/).



Powered by Plone CMS, the Open Source Content Management System

This site conforms to the following standards:

Personal tools