You are here: Home How to Utilizar o controlador de código aberto de ATI para ver películas na TV
Views

Ao actualizar a alpha de Intrepid Ibex (Ubuntu 8.10), quedeime sen soporte para o controlador propietario de ATI que utilizo para ver películas, series, etc. na televisión que está conectada á saída S-Video da tarxeta gráfica.

Co controlador de código aberto pódese facer máis ou menos o mesmo seguindo unha serie de pasos:

  • Asegurarse de que en xorg.conf se utiliza o controlador ati (campo Driver en Section "Device").
  • Crear o seguinte script en ``.gnome2/nautilus-scripts`` (por exemplo ``ver_pelicula.sh``)
           #!/bin/sh
           xrandr -s 800x600
           xrandr --addmode S-video 800x600
           xrandr --output S-video --mode 800x600 --set tv_standard pal
           /usr/bin/mplayer -vo gl2 -screenh 800 -screenw 600 -fs "$*"
           xrandr --output S-video --off
           xrandr -s 1600x1200 
    
       - Darlle permisos de execución: ``chmod a+x ver_pelicula.sh``
    

Este é un script que nos permite utilizar o botón dereito do rato no Nautilus para ver unha película na televisión.

Moi brevemente:

  • Pon a pantalla principal a 800x600 (veremos os vídeos nas dúas pantallas, isto é para evitar que se vexa só un cacho do vídeo na televisión).
  • Pon a televisión a 800x600
  • Lanza o ``mplayer`` a pantalla completa, utilizando o controlador de saída ``gl2`` (OpenGL?).
  • Cando remata a película desactiva a televisión e volve a pantalla principal á resolución orixinal.



Powered by Plone CMS, the Open Source Content Management System

This site conforms to the following standards:

Personal tools