You are here: Home How to Clonar unha conta en Linux
Views

Ás veces é necesario clonar unha conta en Linux. No meu caso concreto isto é ncesario cando teño exames de prácticas: 40 usuarios entran ao mesmo tempo nunha conta nova, co que o entorno e escritorio comeza a crear os seus ficheiros de usuario. Como as contas son todas remotas, isto chega a colapsar a rede (un pouco escasa) de 10Mbits.

Para evitar este problema, chega con copiar os ficheiros que xenera o entorno de escritorio (Gnome, KDE) nunha das contas en tódalas demáis. Supoñendo que tódalas contas están nun directorio e que a shell é Bash:

for i in conta_[0-9]* do
    cp conta_1/.[a-zA-Z0-9]* $i/;
    chown -R $i:$i $i;
done



Powered by Plone CMS, the Open Source Content Management System

This site conforms to the following standards:

Personal tools